Non é tan fácil

cartel g

O popular actor Paco Mir, o máis ecléctico, versátil e calvo dos compoñentes do grupo catalán El tricicle, escribiu a obra de teatro, “Non é tan fácil”. Peza que está a resultar un dos maiores éxitos da sua carreira. Actualmente existen unhas oito postas en escea, en España, Suecia, Uruguay, Arxentina, cun notable éxito de crítica e público (Premio MAX ao mellor autor teatral na V edición, Premio a mellor obra na IV mostra de teatro Rey Juan Carlos de Móstoles, Premio do público a mellor obra no XVIII certame de teatro de Villamuriel de Cerrato – Palencia, entre outros). Paco Mir utiliza as suas mellores armas de autor para recrear mediante o humor e o inxenio unha situación común identificable por calquera espectador.


Agora en Galicia, a compañía malasombra, e baixo unha intelixente e divertida dirección de Marcos Orsi (A opera de a patacón, Ratman e Bobín, Caperucitoloxía, moleques, etc) logra plasmar con acerto as disparatadas situacións, dotandolle dun ritmo trepidante e evitando caer no tópico.


Non é tan fácil, contanos o difícil que pode ser romper unha relación de parella.¿Cómo explicar que o amor se foi, cando o sentimento de querer non desaparece?. Dilema no que se atopa Quique(Xoque Carbajal), que despois de sete anos quere deixar a Andrea(Sandra Lesta), pero non sabe como nin por qué. Abafado pola situación busca apoio na barra dun bar, e consello dun camareiro,Lucas(Pablo Alvarado),que pouco a pouco converterase en cómplice. Xuntos repasarán un feixe de maneiras de romper unha relación sen facer dano, pero comprobarán que ......”non é tan fácil”.

 

AUTORES: Paco Mir

DIRECTOR: Marcos Orsi

ACTORES: Xoque Carbajal, Sandra Lesta e Pablo Alvarado