HABEAS CORPUS

cartel espectaculoDescargar Cartel - Descargar Dossier

Un expectáculo para toda a familia!

HABEAS CORPUS é unha comedia destinado a público de todas as idades e deseñado para exhibirse en espazos exteriores (aínda que adaptable tamén a espazos interiores). O argumento trata un tema tan antigo e tan de actualidade como é a relación do ser humano coas demais especies animais. E para reflexionar sobre este feito, recurrimos á recreación dun xuízo popular público a un lobo acusado do asasinato dun cordeiro .

A estrutura dramática de HABEAS CORPUS remeda a dos antigos xuízos gregos, onde non había fiscal nin avogado defensor, senón que eran os propios denunciante e denunciado os que debatían publicamente os seus argumentos diante da xente do pobo, que eran os que ao remate das alegacións pronunciaban clamorosamente o seu veredicto de inocencia ou culpabilidade. Por último, a figura do xuíz era a que ditaba a sentenza final, definitiva e inapelable.

HABEAS CORPUS non deixa de ser unha fábula, na que se personifican animais e que trata de inducir a unha reflexión no espectador. Como consecuencia, atopámonos xa de primeiras cun ton que vai fóra do realismo, e isto vai reflectido tanto no propio texto como no xeito de interpretalo a cargo do elenco.

O Xuizo:

O xuízo trata o caso dun año asasinado, o cordeiro Severino, cuxos restos apareceron despezados no medio do monte.

O principal e único incriminado é un lobo chamado Augusto Monteiro, que tentará defenderse das acusacións do denunciante, Gumersindo Pastoriza, o propietario do cordeiro.

A nai da vítima, a ovella Belén Balado, será a testemuña principal da vista, o xurado popular composto polo público asistente será o encargado de emitir o veredicto, e a sentenza final será ditada polo maxistrado da causa, o honorable xuíz Xusto Garrote.

 

 

 

 

 

Autor e director: Jose Prieto

Elenco: Xoque Carbajal, Jouse García, Marcos Orsi e Esther Aja

Vestiario: Diego Valeiras

Escenografía: Diego Valeiras e Xoque Carbajal

Maquillaxe e caracterización: Diego Valeiras

Espazo sonoro: Pepe Castro

Deseño gráfico: Miguel Carbajal T.

Vídeo: Pepe Castro

Productor: Xoque Carbajal

Clasificada: Todos os públicos

Recomendada: Maiores de 6 anos

Duración: 60 minutos