Os Fabulosos Cleaners

cartel espectaculo

OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual para participar toda a familia.

O autor alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo.

Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequeñas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

ACTORES: Xoque Carbajal e Jouse García
AUTORÍA: Luis Beviá e Xoque Carbajal
DIRECCIÓN: Marcos Orsi e Xoque Carbajal

Clasificada: Todos os públicos
Recomendada: A partir de 3 anos
Duración: 60 minutos