Buscador de Espectáculos

O CASO É TER SAÚDE

O CASO É TER SAÚDE

Un vinte e dous de decembro, o día da lotaría de Nadal, Miki vive dúas circunstancias das que cambian por completo unha vida: 
Lola, a súa parella, abandónao repentinamente e sen previo aviso despois de vinte anos de relación, e minutos máis tarde, o seu décimo resulta premiado con catro centos mil euros do gordo da lotaría. Miki non sabe como sentirse, pois está eufórico e deprimido a partes iguais. Esta situación sumada á visita do seu amigo Suso, a posterior chegada dunha prostituta rusa chamada Irina e a inesperada aparición dun ladrón italiano chamado Dimitri farán que Miki viva a hora e media máis intensa e confusa da súa vida.

A obra transcorre nun entorno de crise, nun ambiente de clase media decadente, que ten que buscarse a vida de calquera xeito para saír adiante. O público, a través do distanciamento que produce a comedia, deixando ver claramente o ridículo das situacións, é o espectador privilexiado que observa ata que extremos se pode chegar con tal de saír adiante, aínda que sexa traizoando ós seres máis queridos ou facendo aquelas cousas que nunca se pensaron facer.

“O caso é ter saúde ” é unha comedia de principio a fin, polo que a súa principal pretensión é que o espectador oscile entre o sorriso e a gargallada durante a duración do espectáculo, que está cheo de personaxes divertidos metidos en situacións imprevisibles.

Dende o humor, “O caso é ter saúde” fala da condición humana, da súa ambición polos cartos, e de todo o que a xente é capaz de facer con tal de conseguir o ansiado diñeiro.

Información do Espectáculo

PULSE AQUI PARA VER LOCALIZACIÓN
DIA/HORA 09-12-2018 19:00
Localidade
Cariño
Rua da Urbanizacion Casas de los Mariñeros, 15360 Cariño, A Coruña, España
Cariño
Espacio

AUDITORIO CASA DA CULTURA

AUDITORIO CASA DA CULTURA

Share this event: