Buscador de Espectáculos

A Tartaruga Manola

A Tartaruga Manola

Moita diversión, moitas aventuras, moita música e moito aprendizaxe. Estas son as catro claves deste espectáculo.

“A Tartaruga Manola” é un conto que trata un dos temas máis importantes que nos toca abordar na actualidade, a conservación do sitio onde vivimos todos os seres vivos, o noso planeta, e como debemos actuar se queremos que siga sendo un lugar habitable para nós e para os que veñan despois de nós.

Manola é unha simpática tartaruga que vive tranquila nun pequeno estanque na casa duns seres humanos, ata que decide emprender unha gran aventura na que primeiro, comprobará asustada como a contaminación, a deforestación e a falta de auga están cambiando para mal todo o seu entorno, logo aprenderá que é o que podemos facer para deter esta terrible degradación do medio ambiente, e finalmente, tomará a decisión de contarllo a todo o mundo para que cada quen aporte o seu gran de area no coidado do que a fin de contas, é a nosa casa, a casa de todos e de todas.  

A través de divertidas cancións e do encontro con personaxes curiosos (Un ourizo, unha anguía, unha tartaruga ancián...) acompañamos a Manola na súa viaxe, na que se atopará con situacións perigosas que aprenderá a resolver, ben ela soa, ou ben coa axuda de outros.

Manola fará esta viaxe aprendendo, e con ela, os nenos, as nenas e tamén os adultos, aprenderemos con ela como cada un de nós pode actuar cambiando certas actitudes no noso día a día, para así entre todos, seguir mantendo limpa e agradable a nosa casa, o noso planeta.

Información do Espectáculo

PULSE AQUI PARA VER LOCALIZACIÓN
DIA/HORA 13-08-2020
Localidade
Carnota
Praza San Gregorio, 20, 15293 Vilar, A Coruña, España
Carnota
Espacio

Salón de plenos do Concello

Salón de plenos do Concello

Share this event: