Malasombra estrea “Os fabulosos Cleaners” na casa da cultura de San Sadurniño, ás 19.00 h.

Creado: Jueves, 25 Mayo 2017

Un sorprendente espectáculo con pompas de xabón para todas as idades.

Este espectáculo creado por Luis Beviá e Xoque Carbajal e dirixido por Marcos Orsi e Xoque, pretende cautivar a pequenos e maiores.

Dous limpadores do teatro descubren por casualidade, usando as súas ferramentas de traballo, un maravilloso mundo de pompas de xabón.

Un fantástico espectáculo visual cheo de humor e sobretodo, cheo de burbullas.