MALASOMBRA

 
 
 
 
 
 
 
 
   
VISITANOS EN FACEBOOK  
   
WEB EN ESPAÑOL -
 

CURSOS DE INTERPRETACIÓN

Coordinador dos cursos e profesor: Jouse García , licenciado en ArteDramático, con máis de vinte anos de experiencia como actor profesional e director.

Cursos regulares, de Outubro a Xuño e cursos intensivos para nenos, mozos e adultos

   
     

CURSO ANUAL (de Outubro a Xuño)

Este é o curso máis completo, porque nel fanse exercicios de voz, ortofonía, corpo, expresión corporal, observación, disociación, memorización, canalización da enerxía, perda da timidez, etc .

Pois creemos que para facer teatro é necesario ter unhas ideas básicas de voz e corpo para chegar a unha boa interpretación e na súa finalidade poder subirse a un escenario a representar calquera tipo de personaxe.

 
     

CURSO DE VOZ

Faranse exercicios específicos para comezar a sacarlle partido á nosa voz: vocalización, respiración diafragmática, dicción, etc .

 
     

CURSO DE EXPRESIÓN CORPORAL

Con isto preténdese (coma sempre a base de exercicios) que os nenos ou adultos, comecen a ver o corpo coma algo máis ca un conxunto de ósos, músculos e articulacións, senón que valoren a capacidade expresiva e a onde podemos chegar se nos observamos e escoitamos un pouco máis .

 
     

CURSO DE CLOWN

Ás técnicas de clown tentan crear o carácter deste a partires da autenticidade, da verdade dun mesmo, provocando a emoción e o sorriso do público. Cada clase divídese en tres partes:

Quecemento e desinhibición a base de xogos, busca da imaxe do noso clown.

-Xogos de clown, onde iremos descubrindo as caractaeristicas do clown.

-Improvisacións individuais, de dous, de tres e colectivas.

 
     

OBRADOIROS DE ZANCOS

Aprenderase o manexo e a construcción duns zancos, para así poder vivir unha experiencia única e sentirse coma un xigante. A priori parece complicado pero é moi sinxelo. Unha vez que se aprende poden facerse pasarúas, animacións, entroidos, etc.

 
     
 

CURSOS IMPARTIDOS:

ANOS 2000 A 2010 Escola Municipal de Teatro do Carballiño. Escola Municipal de Teatro de Boborás. Colexio Curros Enriquez Ourense. IES A Carballeira de Ourense. IES Taboada Chivite de Verín. Asociación Falcatrueiros de Monterroso. Técnicas de Clown na Residencia Universitaria “Monte da Condesa” Santiago de Compostela. Campamentos de Verán Teatrais Antas de Ulla IES Rio Cabe Monforte IES Portovello Ourense Colexio Ferroviario Monforte Asoc. Mulleres Rurais de Arnoia Grupo de Teatro Tiruleque Carballiño Asociación Cultural Candea (Viana do Bolo) Grupo de Teatro “Gargallada” (O Barco) 1997 - Monitor de Teatro no Instituto de F.P do Carballiño. 1996/98 - Monitor de Teatro no Colexio Sagrado Corazón do Carballiño. Monitor de Teatro no Colexio Sagrado Corazón de Lalín . Profesor na Escola de Teatro Nove-Dous (O Carballiño). 1995 -Cursiño de Técnicas de Clown impartido na Sala Quiquilimón. 1994 -Cursiño de Teatro para Nenos con Síndrome de Down (Asturias). 1994 -Cursiño de Iniciación ó Teatro para Nenos entre 6 e 12 anos no Colexio Público Elena Sánchez Tamargo, de Pola de Laviana, Asturias. 1992 -Curso de Teatro para Nenos no Orfanato Mineiro de Oviedo 1991 -Cursiño de Teatro para Xoves no Colegio de las Dominicas de Oviedo.

1989 -Obradoiro de Zancos na Casa da Cultura de Lugones (Asturias).

 


Aviso Legal - Malasombra Producións S.L. Todos os dereitos reservados