MALASOMBRA

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
   
VISITANOS EN FACEBOOK  
   
WEB EN ESPAÑOL -
 
 

Benvido a Smoke city, pero coidado!
Smoke City é o paraíso do fume, sobre todo do fume dos cigarros. As mafias do tabaco dominan a cidade , dirixidas polo seu capo, o pérfido Silvio Nicotini.
Jon Calquera é un cidadán máis, que como moitos outros, cae vítima dos sinistros plans de Silvio Nicotini.
Bob Cleaner é o detective que trata de salvar a Jon Calquera e rematar para sempre coas mafias do tabaco.
Smoke City é unha historia de acción, unha aventura urbana de gansters e policías, un cómic teatral do xénero negro, negro como o aire de Smoke City, negro como os plans de Silvio Nicotini, e negro como os pulmóns das súas pobres vítimas.

Benvidos a Smoke city, pero coidado, porque pode danar gravemente a súa saúde.

Smoke City aborda unha problemática moi de actualidade como é a do tabaquismo, e en particular pon énfase nas consecuencias a curto prazo que causa na vida diaria dos consumidores, e, sobre todo, os beneficios de levar unha existencia limpa, sen dependencias, que permitan realizar un monte de actividades libres de ataduras físicas e psíquicas, que, ao fin e ao cabo, é todo o contrario de vivir atrapado, atado, encadeado a un pitillo, como é o desexo do malvado Silvio Nicotini.
Sabemos que non é fácil enviar unha mensaxe, por moi razoable que sexa, e que esta mensaxe chegue a calar entre o público, xa sexa novo ou vello. Sabemos da cantidade de información dun e doutro signo ao que un individuo se ve sometido na nosa sociedade. Son moitas as defensas que nos poñemos para rexeitar mensaxes, aínda que sexan positivas. É por iso que ao abordar un tema como o tabaquismo e tratar de enviar a mensaxe a través do medio teatral, tentamos evitar por tódolos medios calquera cousa que soe a panfleto, a charla didáctica ou a conferencia sen máis, e decidimos encomendarnos ao que, ao noso entender, é un vehículo que permite, por unha banda, abrir os sentidos, e por outra parte, que as mensaxes cheguen ao receptor sen que este teña as defensas pechadas: o humor.

Con Smoke City pretendemos aportar o noso gran de area á loita contra o tabaquismo.

AUTORES: Jose Luis Prieto

DIRECTOR: Marcos Orsi

ACTORES: Xoque Carbajal, Alberto Rolán, Jouse García e Mon Orencio

FOTOS VIDEOS ACTORES
     
 
       

Aviso Legal - Malasombra Producións S.L. Todos los derechos reservados